Habelencia Húmida Histeria Horizonte. Compostela. Catro mulleres. Halo, Harmonía Humana. Herdanza, Historia viva. Hiperactiva! H do silenzo, muda a muller que soa. Homenaxe. Hematomas. Camiños onde non medra a Herba. Hábitat de Hormonas Hilarantes. Hidrosfera musical. Hoxe. Hipnose sonora con…
Habelas Hainas
O seu punto de partida é a música tradicional e de raíz, sentíndose parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminista e plural. Isto lévaas a explorar outras músicas, crear os seus propios temas e experimentar coa tradición. Esta permanente inquedanza reflítese na indagación e aproveitamento dos diferentes recursos dos instrumentos tradicionais, creando un son enérxico, fresco e orixinal.
—————————————-