Escola Prucupá

33511982652_ecb212ce74_z (1).jpg

Se hai algo que da sentido a este festival, iso é a nosa escola. A escola do Trópico mostrará o aprendido nas aulas ó longo deste curso.

Prucupá e a escola de Trópico de Grelos por onde, ano tras ano dende o 2008, pasaron un gran número de persoas coa intención de comezar ou perfeccionar unha formación en percusión afrobrasileira.

A escola sae á rúa trimestralmente para mostrar o aprendido no propio trimestre e unha desas mostras, a máis agardada, dase todos os anos no BateBatuke. Desta vez non vai ser menos e voltaremos a vibrar co auténtico espectáculo prucupeiro!

—————————-

Si hai algo que da sentido a este festival, eso es nuestra escuela. La escuela de Trópico mostrará lo aprendido en las aulas a lo largo de este curso.

Prucupá es la escuela de Trópico de Grelos por donde, año tras año desde el 2008, pasaron un gran número de personas con la intención de comenzar o perfeccionar una formación en percusión afrobrasileira.

La escuela sale a la calle trimestralmente para mostrar lo aprendido durante el propio trimestre y una de esas muestras, la más esperada, se da todos los años en el BateBatuke. Esta vez no será para menos y volveremos a vibrar con el auténtico espectáculo prucupeiro!

máis info sobre a Escola Prucupá