Bloquinho Aperta
Batucada – Vigo
O Bloquinho Aperta tamén estará con nós, como non podía ser doutro xeito e como xa ven sendo tradición, nesta nova edición do BateBatuke: O 10º aniversario! Vide disfrutar da actuación destas grandes batuqueiras, non volo perdades por nada!
Asociacion Aperta con máis de 10 anos de existencia, renova forzas coa incorporación de xente nova. O seu proxecto musical “Bloquinho Aperta”,dirixido por Xurxo Troncoso, continúa coa liña de música afro/brasileira e afro/latina incorporando temas da nosa música tradicional. A aposta é por tanto mais festeira, coa intención de que a xente brinque con todo o seu ánimo.
——————————-