Bloco Afro de Trópico de Grelos

Bloco Afro de Trópico de Grelos

Batucada – Compostela

32437171123_334f261178_o.jpg

mira os vídeos do Bloco Afro de Trópico de Grelos

máis info de Trópico de Grelos

Polo X aniversario, o Bloco Afro de Trópico de Grelos tocará na casa e sacará os tambores ao patio para festexar con todxs vos a primeira década de vida do BateBatuke!

O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de Grelos. A súa cadencia crea un ambiente tinguido de rotundidade e ritmos alegres de Salvador de Bahía. Está acompañado de coreografías, que fan deste desfile musical unha actuación moi animada e, polo tanto, unha auténtica festa. Caracterízase pola súa contundencia e diferénciase do resto dos espectáculos, polos seus fraseos ó unísono e a conversa instrumental entre graves e agudos, que fan esta función especialmente festiva.

O Bloco Afro esperta no público as ganas de bailar e de participar activamente no desfile. A presenza marcada dos seus ritmos efervescentes non deixa indiferente. O estilo co que se tocan os instrumentos lembra o carácter ceremonial dun espectáculo feito principalmente para deixar a un lado os problemas e involucrarse, de xeito natural, entre repiques e coreografías.

Este espectáculo deleitará a toda aquela persoa que guste de presenciar esta festa tropical, acuñada pola negritude das súas raíces africanas.

——————————-

 En el X aniversario, el Bloco Afro de Trópico de Grelos tocará en casa y sacará los tambores al patio para festejar con todxs vosotrxs la primera década de vida del BateBatuke!

El Bloco Afro es uno de los espectáculos de calle más sonados de Trópico de Grelos. Su cadencia crea un ambiente teñido de rotundidad y ritmos alegres de Salvador de Bahía. Está acompañado de coreografías, que hacen de este desfile musical una actuación muy animada y, por lo tanto, una auténtica fiesta. Se caracteriza por su contundencia y se diferencia del resto de los espectáculos, por sus fraseos al unísono y la conversación instrumental entre graves y agudos, que hacen esta función especialmente festiva.

El Bloco Afro despierta en el público las ganas de bailar y de participar activamente en el desfile. La presencia marcada de sus ritmos efervescentes no deja indiferente. El estilo con que se tocan los instrumentos recuerda el carácter ceremonial de un espectáculo hecho principalmente para dejar a un lado los problemas e involucrarse, de manera natural, entre repiques y coreografías.

Este espectáculo deleitará a toda aquella persona que guste de presenciar esta fiesta tropical, acuñada por la negritud de sus raíces africanas.

Advertisements