A Compañía do Ruído

A Compañía do Ruído

Punk Tradicional – Gz

banda.jpg

vídeo de A Compañía do Ruído

máis info de A Compañía do Ruído

Veñen facendo moito ruído! Chega ao X aniversario do BateBatuke o incomparable espectáculo da Compañía do Ruído! Partiremos do Castiñeiriño rumbo a unha inigualable viaxe musical capitaneada por esta bandaza. Que non volo conten!

A Compañía do Ruído é unha banda galega que nace no ano 2002.

“A Compañía” está integrada por cinco persoas, con diferentes traxectorias musicais, que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, e divertimento  son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar o ritmo, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

A Compañía está inmersa na actualidade na presentación do seu sétimo traballo discográfico “O Punchi Must Go On”, como consecuencia do proxecto audiovisual levado a cabo no 2017 “12 meses, 12 punchis”.

Un proxecto que consta de 12 temas orixinais, gravados ao longo dos 12 meses, cos seus correspondentes 12 videoclips. Neste proxecto, que aposta por unha temática social e reivindicativa, colaboraron artistas como García Mc, Pulpiño Viascón, Trópico de Grelos, Emilio, Rubén, Lucas, Nico, Candi e Ismael da Fanfarria Taquikardia, e as Escolas de Música de Bergara, Aramaio, e Erandio da man de Aritz Alustiza (Nomadak).

——————————————————-

Vienen haciendo mucho ruído! Llega al X aniversario del BateBatuke el incomparable espectáculo de A Compañía do Ruído! Partiremos desde Castiñeiriño rumbo a un inigualable viaje musical capitaneado por esta bandaza! Que no os lo cuenten!

A Compañía do Ruído es una banda gallega que nace en el 2002.

“A Compañía” está integrada por cinco personas, con diferentes trayectorias musicales, que dan vida a una original mezcla de estilos. Música, baile, retranca y diversión son los ejes principales del espectáculo.

Destaca su musicalidad a la hora de combinar el ritmo, el baile y la instrumentación tradicional gallega con los distintos folklores del mundo. Una recolección de elementos de cada cultura, que nos transportará en un viaje musical irrepetible, partiendo desde Galicia con paradas en Irlanda, África, la Península Balcánica, y el Centro Sur de América, entre otros.

A Compañía está inmersa en la actualidad en la presentación de su séptimo trabajo discográfico “O Punchi Must Go On”, como consecuencia del proyecto audiovisual llevado a cabo en el 2017 “12 meses, 12 punchis”.

Un proyecto que consta de 12 temas originales, grabados duranto los 12 meses, con sus correspondientes 12 videoclips. En este proyecto, que apuesta por una temática social y reivindicativa, colaboraron artistas como García Mc, Pulpiño Viascón, Trópico de Grelos, Emilio, Rubén, Lucas, Nico, Candi e Ismael de la Fanfarria Taquikardia, y las Escuelas de Música de Bergara, Aramaio, y Erandio de la mano de Aritz Alustiza (Nomadak).