
Obradoiro do BateBatuke con Mario Pam do ILÊ AIYÊ, 2013
O BateBatuke é o festival anual, que coincidindo co fin de curso da nosa escola, a escola Prucupá, e dende o ano 2009, organizamos Trópico de Grelos. Nel danse cita batucadas procedentes de toda a península, así como bandas doutros estilos musicais e espectáculos doutros xéneros (circo, maxia…). Acollemos tamén unha feira de artesanía con productos de diversa índole.
O prato forte é o obradoiro de percusión que imparte cada ano un mestre da percusión afrobrasileira diferente. Mestres de renome pasaron polo obradoiro do BateBatuke, tales como: Mario Pam (Ilê Aiyê), Javier Iglesias (Sambiosis), Moisés Lama, Crá Rosa, Antonio Monedero (zumbalé), etc.
Todo isto nunha xornada festiva,aberta e para todxs xs públicxs, onde tampouco poden faltar a sesión vermú e o xantar, como sempre, a prezos populares.
—————————-